Entrevista con...
Unha vella fotografía familiar de Anibal Otero. A dona, Asunción Álvarez, e o fillo, Horocel, na casa de Barcia, lugar de residencia do filólogo lucense. © AFAO
A idea inicial de elaborar un atlas lingüístico que recollese a situación das linguas románicas da Península, comeza en 1910 e remata cando, en 1976, o CSIC deu por perdida a xigantesca tarefa. Mesmo así seguen vivas diferentes iniciativas que tentan mantelo activo en internet (www.alpi.ca). Entre os filólogos daquel esforzo estaba o galego Anibal Otero.
Violeta Janeiro Alfageme é a protagonista do cartel ‘Fálalle galego’. Quen a tiña no colo era Piloncha, unha psicóloga do colexio Daniel Castelao de Vigo. Cando fixen esta reportaxe Violeta traballaba en Shangai (...)
O Tafall político, que chegou a alto cargo na ONU, escureceu o Tafall científico
Foi alcalde de Pontevedra, presidente da Deputación, Comisario Xeral do Exército, directivo da FAO, subsecretario da ONU, dirixiu xornais e ten unha ampla obra científica. Puido ser o noso Tarradellas. (...)
Tafall nunha visita a Galiza en 1986, cando os 50 anos do Estatuto. © G. LUCA
‘José Afonso é unha alavanca
para non esquencer as conquistas
O nome de Alipio de Freitas remítenos a unha fermosa canción de solidaridade do cantor portugués no disco Com as minhas tamanquinhas. Alipio de Freitas (Bragança, 1929), foi un crego que marchou para o Brasil nos anos 50 e alí se integrou nos movementos labregos e sindicais, o que lle custou a persecución da ditadura. Esta entrevista foi realizada en 2006, en Guimarães, durante os actos de homenaxe a José Afonso, no limiar da crise económica. De onte a hoxe a mensaxe poética, política e musical do Zeca revitalizouse e o “Grândola” volve ser o grande himno da resistencia.
Até o 6 de febreiro de 2016 está aberta unha
exposición antolóxica no Museo de Pontevedra
“Retratei un tempo marcado pola emigración e a miseria”
En 1998, no marco da Fotobienal de Vigo, apareceron por primeira vez diante do grande público as fotografías de Virxilio Viéitez (Forcarei, 1930-2008). Desde entón a súa sona medrou mercede ao labor de coidado e investigación no arquivo da súa filla Henriqueta, e ás diversas exposicións que se teñen realizado, a máis recente aberta até o 6 de febreiro de 2016 no Museo de Pontevedra. Recupero aquí a entrevista que entón lle fixen en A Nosa Terra (nº 858. 26 de novembro de 1998)
A xeito de presentación
Nacin en Vigo en 1960. Meu pai tivera un quiosco na Porta do Sol e despois creou a empresa comercializadora de periódicos e revistas, Distribuidora Viguesa. Estudei maxisterio en Ourense entre 1978 e 1981
Comecei a colaborar como fotógrafo en A Nosa Terra desde a súa fundación, a finais de 1977, incorporándome á redacción do semanario, como xornalista, en abril de 1982.
Son autor dunha importante coleccións de fotografías do nacionalismo na Transición e teño catalogado un amplo arquivo de imaxes propias en actualización constante. Formei parte do grupo fundador do Obradoiro Galego de Audiovisuais.
Entre 1984 e 1996 coordenei os suplementos monográficos A Nosa Cultura, dedicados aos principais autores da nosa literatura, así como a colección A Nosa Historia, que en 1986 abriu as portas do debate que hoxe se coñece como Memoria histórica, participando en numerosos actos por toda Galicia. Entre 2004 e 2006 fun director de Edicións A Nosa Terra e de 2007 a 2010 subdirector do semanario
Son coautor, con Santiago Prol, do libro ‘Conversas con Francisco Carballo’ (A Nosa Terra, 2002).
En 2012 saiu na Editorial Galaxia ‘Biografía de Valentín Paz-Andrade’ e ‘Antoloxía de VPA’ e na web de Valentín Paz-Andrade publiquei a serie Conversas no Ronsel.
En 2014, saiu en Engaiolarte Edicións, o libro “Conversas con Xavier Vence. Temos dereito a un futuro distinto”
Formei parte da Comisión de Comunicación do Consello da Cultura de 1990 a 2000 e da Comisión Técnica de Novos Medios da mesma institución.
Participei regularmente no programa da Televisión Galega “Hai debate” (2005-2009) e fun colaborador habitual do suplemento de cultura Luces que se publicaba semanalmente na edición galega do diario El País.
A voz de Bóveda
Alexandre Bóveda, solista nunha gravación da Coral Polifónica.
Un blog
de entradas
musicais
Recopilación de músicas coas que acompañar a lectura
A voz de Valentín “Autonomía e centralismo non poden coexistir”