© Xan Carballa

Apolinar Torres, mestre e xornalista

Santiago Torres é fillo do mestre Apolinar Torres López (Pontevedra, 1894-Vigo, 1936), referido por Xerardo González Martín no seu traballo “Periodistas impulsores del Viguismo” (Instituto de Estudios Vigueses). Con efecto, Apolinar Torres foi o primeiro responsábel dunha páxina pedagóxica que incluiu Faro de Vigo. Tamén foi presidente da Asociación de Mestres e colaborou con El Pueblo Gallego e diferentes revistas pedagóxicas da época. Ademais de na FETE-UGT, Apolinar Torres foi presidente da sección de Xornalistas Profesionais da Federación de Traballadores e tamén do Grupo Autonomista Gallego, do que tamén formou Valentín Paz Andrade. Á espera dunha elección definitiva, Apolinar Torres presidía o 18 de xullo de 1936 o PSOE vigués. Torres refuxiárase nunha casa en Toralla coa axuda da familia Córdoba Piñón e alí foi detido o 1 de agosto. No libro La UGT de Vigo. Una aproximación histórica (Fundación Luís Tilve), Antonio Manuel Chavez relata polo miúdo os detalles do xuízo e inclúe as actas da Causa 142 ao que foi sometido Torres por militares rebeldes. O xuízo culminou nos fusilamentos de Pereiró do 27 de agosto de 1936. Xunto a Apolinar Torres López foron pasados polas armas o alcalde Emilio Martínez Garrido e Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana, Ramón González Brunet, Waldo Gil Santostegui e Manuel Rey Gómez, incluídos na mesma causa; no mesmo acto axusticiaron aos irmáns Demetrio e Antonio Bilbatúa Zubeldía e máis a Xosé Antela Conde, que foran xulgados na Causa 140.

Apolinar Torres [arriba] e co seu fillo Santiago [abaixo

© Xan Carballa
© Xan Carballa

Sede do Tribunal Internacional en La Haia . Arriba, Santiago Torres na súa biblioteca en Madrid